A corrupción moral dos políticos

Desde una perspectiva democrática e de defensa da liberdade é incomprensible a complexidade das leis nas súas formas e formulación, que unha gran maioría de cidadáns consideran que os textos son suficientemente técnicos, grises e mesmo “aburridos”, coa finalidade de escapar, así, a atención desa maioría. Pero onde está o problema? Na falta de visión, na ignorancia, poida que non, segundo entendidos na materia o problema está na corrupción dos políticos e dos grupos que os apoian e probablemente financien, porque grazas a esas leis estas actitudes son case sempre moi difíciles, por non decir imposibles, de rastrexar e demostrar, convertendo en moi refinada esta forma de corrupción que algúns definen como “ corrupción legalizada”.

 Poida que sexa totalmente inútil, pero existe unha enorme minoría, desorganizada desde o punto de vista político, que debería empezar a xogar o seu papel, onde realmente pode influír. Parece imposible vencer nos xulgados porque a capacidade dos cidadáns para influír sobre as leis está moi lonxe aínda que sexa unha contradicción nun sistema democrático, só queda traballar para influír activamente na opinión pública.Todo o mundo coincide en que o exemplo e a honradez son virtudes que deben presidir a actuación dos políticos, porque son escaparate e guía da cidadanía. Que isto non é así o revela claramente o feito de que é precisamente a clase política a que pon de manifesto que os servidores públicos, con carácter xeral, fan escasa honra ao seu nome, ata o punto de que resulta  non só convinte —din—, senón mesmo necesario, controlar e penalizar, no seu caso, eses comportamentos, a través de Códigos de Conducta que definan infraccións e diten sancións para as mesmas. Isto, ademais de curioso, resulta alarmante.

A falta xeneralizada de ética pública dos xestores municipais, por citar a administración que está máis preto dos cidadáns, achega exemplos e razóns como son: o despilfarro do gasto público, o favoritismo na selección de personal ou na contratación de obras e sevizos, a interesada arbitrariedade na planificación urbanística e os frecuentes cambalaches a distintos niveis de xestión e mesmo en composición de maiorías. É a partir da ausencia de moral ou de dignidade no desempeño do cargo cando o político de quenda ou o funcionario con capacidade decisoria,  ou meramente asesora, despreza o interese xeral da cidadanía e utiliza as súas potestades en beneficio particular do seu partido, dos seus achegados ou no seu propio, orillando os principios constitucionais de eficacia, obxectividade, igualdade, independencia e demáis preceptos legais e regulamentarios.En definitiva, corrómpese.