Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   


Asinan en Tordoia un plan de banda longa no rural galego

Redacción-Tordoia
Sinatura do acordo entre Medio Rural e a Axencia de Modernización Tecnolóxica
O Concello de Tordoia foi o lugar escollido pola Xunta para asinar un convenio entre a Consellería de Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia encamiñado a ofrecerlles acceso a internet de banda longa ao 6% da poboación de toda Galicia ao que aínda non chega esta prestación.
O plan estenderase ata 2014 e suporá un investimento, en toda Galicia, de 2,4 millóns de euros achegados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). A conselleira Rosa Quintana afirmou que permitirá equiparar a calidade de vida do rural coas zonas urbanas.
Unha das accións do plan será a conexión de internet vía satélite, cunha liña de axudas que se convocará proximamente para que as pequenas empresas do rural implanten as novas tecnoloxías no seu negocio. Tamén as poderán solicitar particulares e entidades sin ánimo de lucro, en lugares onde non están dispoñibles accesos mínimos de dous megas. A axuda, que se tramitará mediante empresas suministradoras do servizo, sufragará o equipo vía satélite e a súa instalación.
O alcalde tordoiés, Antonio Pereiro, destacou que o seu municipio será un dos beneficiados e que nos últimos anos pasou dunha cobertura de banda longa do 19% ao 55% da poboación. Anticipou tamén que está previsto que antes do verán o despregamento de novas redes 3G leve o servizo ata un 70% dos veciños. O plan en desenvolvemento aspira a chegar ao 96% cando se remate.






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
   Busca tu calle
Entorno Inmobiliario
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466