|
|
A asociación “Lembranzas do Tambre”
celebra o seu primeiro cuarto de século
Redacción-Oroso
 |
| Un momento da xornada
de celebración |
A asociación folclórica “Lembranzas
do Tambre” celebrou o 28 de xuño o seu vixésimo
quinto aniversario, todo un cuarto de século afondando e difundindo
a cultura da música e o baile tradicionais galegos.
A celebración consistiu nun festival, no que colaborou o concello,
celebrado durante toda a xornada na área recreativa da Penateixa.
O programa comezou a mediodía coa concentración dos
participantes na praza Alexandre Bóveda de Sigüeiro. Desde
alí saíron nun pasarrúas cara á Penateixa,
onde antes dun xantar campestre actuaron as escolas infantís
de baile, pandeireta e gaita. Pola tarde interviron os membros actuais
da asociación xunto con antigos compoñentes. Unha actuación
de Leilía, xa no serán, púxolle fin á
festa. |
|
|
|
|