|
|
Presentan a primeira guía turística
do concello, con 3.500 exemplares
Redacción-Oroso
 |
| Mirás, xunto
a parte dos autores da guía |
O concello recolleu nunha guía todos
os elementos de interese natural, cultural e patrimonial para tratar
de atraer máis visitantes ao municipio. É a primeira
guía turística que se edita sobre Oroso. Inicialmente
tiráronse 3.500 exemplares. Impresos a todo cor, 2.000 están
en galego, 1.000 en castelán e 500 en inglés.
Ao longo das súas 130 páxinas predominan as ilustracións
dos fotógrafos Antonio Matías e Luis Alonso Ocaña,
con paisaxes e elementos do patrimonio cultural. Tamén se incorporan
planos de varias rutas turísticas recomendadas. Os textos son
obra de Manuel Pazos Gómez e de José Luis Varela Fernández,
que recollen unha reseña dos datos xerais do municipio e un
percorrido pola súa historia.
Destacan tamén os percorridos polas rutas de sendeirismo do
Camiño Inglés, dos Muíños e do Tambre.
Unha guía telefónica de servizos e locais de hostalería
e un resumo das festas parroquiais completan a obra, que se distribúe
en oficinas de turismo e puntos estratéxicos de toda Galicia.
Na presentación, o alcalde, Manuel Mirás, amosouse moi
satisfeito da imaxe que a guía proxecta de Oroso e anunciou
que “nun futuro próximo” se creará outra
de menor tamaño para a venda en librerías e unha rápida
cun plano e os atractivos máis salientables para os visitantes
da zona. |
|
|
|
|