Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   

O goberno ultima a cesión de terreos á Xunta para un albergue de peregrinos


Redacción-Oroso
A rúa Camiño Real estrea pavimento e mobiliario e conta con arborado

O concello prevé poñer “en breve” a disposición da Xunta o terreo para construír un albergue de peregrinos en Sigüeiro. Así o anunciou o alcalde, Manuel Mirás, durante a visita ao concello do conselleiro de Innovación de Industria, Fernando Blanco, que acudiu acompañado dos xerentes do Xacobeo e de Galicia Calidade.
O rexedor expuxo que “os concellos estamos moi mal de fondos para comprar terreos e estamos intentando conseguilos cos propietarios mediante o método de compensación”. O conselleiro ofreceu o seu apoio para o albergue, o único que habería no Camiño Inglés desde Bruma (Mesía) ata Santiago.
“Aposta” polo Camiño
A visita do titular de Innovación e Industria serviu para inaugurar a rehabilitación da rúa Camiño Real de Sigüeiro, executada nos últimos meses con 301.000 euros, a gran maioría achegados pola consellería.
O alcalde sinalou que a obra é “mostra da aposta de Oroso polo Camiño Inglés”, do que destacou o elevado número de peregrinos aínda sen ser tan coñecido como o Francés. O tenente de alcalde, Xosé Manuel Pérez, indicou que “imos apostar pola recuperación na súa totalidade do Camiño Inglés” e agarda o apoio da Xunta.
Aparcamento no polígono
Por outra parte, o conselleiro confirmou o investimento de 185.000 euros para dotar de aparcamentos o polígono industrial, dentro dos 2,6 millóns que o seu departamento inviste en Oroso de 2007 a 2009, a maioría en mellora eléctrica.






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!
Entorno Inmobiliario

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466