|
|
|
|
Os orzamentos deste
ano destinan a metade do gasto ao arranque do polígono San
Martiño II
O orzamento de 2009, aprobado en solitario polo
goberno, dedica uns 9 millóns de euros á posta en marcha
do polígono industrial San Martiño II. É practicamente
a metade do gasto total, que se eleva a 18,4 millóns. As contas
prevén máis ingresos que gastos, cun superávit
de case 800.000 euros.
“Exceso de celo”
na denegación de licenza da Xunta ao tanatorio
O alcalde, Manuel Mirás, cre que o informe
autonómico que serviu para denegar o permiso para a construción
dun tanatorio privado pecou de “exceso de celo”, sobre
todo se se cotexa con outros casos semellantes, que si foron aceptados.
Nova máquina
para a limpeza viaria
O concello dispón desde hai uns días
dunha nova máquina varredora para o servizo de limpeza viaria.
O presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda,
acudiu ao acto de entrega. O novo equipamento tivo un custo de 93.000
euros, dos que a administración provincial achegou case un
80%.
|
|
|
|
|