|
|
O Punto Limpo triplica a entrada de voluminosos
desde maio
Redacción-Ordes
 |
| Recollida de residuos
no Punto Limpo |
A entrada de residuos voluminosos no Punto Limpo
de Ordes triplicouse desde maio, cando recibiu case 12 toneladas,
ata setembro, mes en que se achegou ás 30. A maior cantidade,
con máis de 32 toneladas, rexistrouse en agosto, mentres en
xuño se aproximou ás 25 e en xullo rondou as 29. No
que vai de ano, as instalacións xa levan recollido máis
de 154 toneladas, segundo os datos facilitados por Sogama ao concello.
As cantidades enviadas ao complexo de Cerceda desde maio contrastan
coas dos catro primeiros meses do ano, cunha media mensual que non
chegaba ás sete toneladas.
O goberno atribúeo a “Ordes Recicla”
Para o concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, estes
datos demostran o “éxito” da campaña “Ordes
Recicla”, posta en marcha precisamente desde maio polo concello,
en colaboración coa empresa SOL, que xestiona o Punto Limpo.
Segundo Pedreira, o bo resultado da campaña radicou en “achegar
a información sobre a recollida de residuos no noso municipio
á cidadanía, promovendo así unha axeitada clasificación
de residuos en orixe”.
A campaña informaba con folletos e carteis da importancia de
separar ben o lixo doméstico e de que a recollida de voluminosos
se fai o primeiro luns de mes na vila e o segundo luns nas parroquias.
|
|
|
|
|