Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   

Regos: «O noso esforzo durante os vindeiros anos irá dirixido a combater a crise a través dunha boa xestión»

Redacción-Ordes
A prioridade para Regos é manter os servizos sociais
Consciente de que serán anos difíciles, Manuel Regos, alcalde de Ordes, aposta nesta nova lexislatura por sacar ao municipio desta situación, que esixe, unha xestión exemplar dos recursos municipais. A priorización dos servizos máis necesarios para as familias do municipio, o fomento do emprego, o desenvolvemento de Ordes co futuro Plan Xeral e recortes incómodos aínda que necesarios, serán a base do seu traballo de cara aos vindeiros anos.
- Corren tempos difíciles, ¿que esixe para os políticos esta situación?
- O panorama actual é complicado e nos vindeiros anos o que se esixirá aos políticos será unha xestión exemplar. Os mellores xestores serán os que poidan sair desta situación e estou seguro de que seremos un deses concellos que superarán este momento. O noso esforzo irá dirixido a combater a crise a través dunha boa xestión.
- ¿Que medidas se están a tomar en Ordes para combater a crise?
- A priorización de servizos e a optimización dos recursos públicos están a ser xa unha constante na nosa xestión. Moi ao meu pesar haberá que realizar recortes e incluso cobrar por algúns servizos que non son básicos nin de primeira necesidade para os veciños e veciñas, porque é o que esixe o momento. Sei que os cidadáns son conscientes da situación e espero que poidan entendelo.
A administración local, que é a máis cercana aos veciños, debe ofrecerlles todo o seu apoio, aínda que, en realidade, se trata da administración pública con menos recursos.
- ¿Cales serán as prioridades?
- Sen dúbida o mantemento dos servizos sociais, o fomento do emprego e a atención ás familias, co fin de paliar na medida do posible as consecuencias que lles está a causar esta crise. Seguiremos traballando pola atención aos nenos e aos máis maiores, a conciliación e en definitiva garantir os servizos básicos a todos os veciños e veciñas de Ordes.
- ¿Cre que se poderá facer fronte á débeda do Concello?
- Coas medidas que se tomarán e as que xa se levan tomado espero que en dous ou tres anos esta situación estea superada.
- En días pasados a Xunta anunciou, e tamén a Deputación, que favorecerán aos concellos que mancomunen servizos, ¿que opina sobre este tema?
- Dado o momento que estamos a vivir paréceme ben que os concellos mancomunen servizos porque isto propiciará que lles saian máis rentables e non é unha mala opción. Na Mancomunidade de Ordes xa temos algúns servizos compartidos e non están tendo un mal resultado.
- O PXOM está cada vez máis preto de ser unha realidade, ¿que suporá este documento para Ordes?
- O Plan Xeral de Ordes será sen dúbida un instrumento que marcará o desenvolvemento do municipio. Con el apostamos por potenciar o crecemento ordeado de Ordes tendo en conta novas e importantes infraestruturas, así como facilitando tamén a creación e instalación de novas empresas no municipio que sirvan para crear emprego para a nosa mocidade.
Foi un traballo moi longo que deu comenzo a principios da pasada lexislatura e que tivo moitos atrancos debido á aparición de nova lexislación que provocou que houbera que adaptar o que se levaba feito, pero agora está todo encamiñado para que sexa unha realidade.
- Todo indica que Ordes será un concello de futuro.
- Dende logo por isto é polo que levamos traballando durante moito tempo e pouco a pouco estamos conseguíndoo. Como dixen antes, corren tempos difíciles, pero poñeremos todo da nosa parte para que o noso municipio siga no camiño do desenvolvemento como xa ten demostrado.
- Co fin de que o medio rural conte cos mesmos servizos que a zona urbana o Concello fíxose eco tamén dalgunha demanda como o acceso á banda ancha de internet.
- Conscientes da demanda que había nas parroquias o Concello estableceu un protocolo de colaboración coa empresa Allticnor SLNE, na que participan as empresas locais IDE informática e PM Sat, para facer chegar este servizo aos veciños. Estas empresas son as responsables da dotación dos equipos informáticos e as antenas que permitirán aos veciños do rural a onde non chega o ADSL, acceder á banda ancha e ter ademais gratis a instalación e adquisición dos dispositivos necesarios.
En Ordes non hai veciños de primeira e de segunda e queremos que no medio rural se goce dos mesmos servizos que no centro da vila.
- Chegados ao Nadal, ¿que lle diría aos seus veciños e veciñas?
- Con ilusión, esforzo e traballo afrontaremos o 2012, felices festas a todos.






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
   Busca tu calle
Entorno Inmobiliario
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466