|
|
Reparan e equipan o
local social de Santaia de Moar
Remataron as reparacións no local social
da parroquia de Santaia de Moar, que o concello acometeu nos últimos
meses. Consistiron en arranxar a cuberta para evitar filtracións
de auga e humidades, instalar novos canalóns para a recollida
de pluviais, e pintar o exterior en rechamantes tonalidades laranxa
e azul, que se estenderon tamén ao palco de actuacións
e á cantina existentes na mesma praza.
|