Víctor Garabato faise co primeiro trofeo
de tenis do concello de Oroso ante Carlos Grela
Redacción-Ordes
 |
| Víctor Garabato,
en pleno juego durante un partido |
O primeiro torneo de tenis do concello de
Oroso decidiu o seu gañador entre dous veciños de
Deixebre, Víctor Garabato e Carlos Grela. Foi Garabato quen
se impuxo, p or 7-5, 3-6 e 6-3.
O torneo disputouse precisamente na propia parroquia. Contou con
dezaseis participantes e congregou na súa final a máis
de medio cento de espectadores.
A celebración deste recén estrado torneo xurdiu da
man dun veciño de Deixebre, Marcos Veiras. Tanto para poñelo
en marcha como para desenvolvelo contou coa colaboración
do concello e de veciños da parroquia.
|