Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   

Camión de rescate en altura para os bombeiros ordenses



Redacción-Ordes
O novo camión permite rescates ata unha altura de 27 metros

O parque comarcal de bombeiros de Ordes acaba de ampliar o seu equipamento cun novo vehículo especialmente deseñado para os rescates en altura. Trátase dun moderno camión, de 256 CV de potencia, que dispón dunha escaleira de accionamento hidráulico que acada os 27 metros de altura. Unha dimensión suficiente para chegar ata o edificio máis alto da comarca, de dez pisos e situado en Ordes.
O novo vehículo foi entregado nun acto con presenza do presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros e deputado provincial, José Nogueira; a directora xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, e integrantes da corporación ordense. A Xunta e a Deputación financiaron a medias o custo total de 443.000 euros.
José Nogueira destacou o “salto importante” na seguridade para os veciños que representa o novo camión. Asegurou que se culmina o proceso iniciado coa inauguración do parque hai tres anos e que agora só restan os de Arteixo, Arzúa e Boiro sen un vehículo semellante.
A directora xeral remarcou o esforzo da Xunta por “dotar duns medios innovadores e modernos aos parques de bombeiros galegos”. Na mesma liña, o alcalde ordense, Manuel Regos, afirmou que o novo equipo soluciona os problemas de seguridade que podía ter Ordes, sen depender doutros parques.
Simulacro de estrea
A presentación do vehículo incluiu un simulacro no consistorio ordense. Os numerosos espectadores puideron ver o rescate dunha traballadora municipal atrapada na terceira planta. Foi sacada en padiola para a cesta de salvamento, con capacidade para tres persoas. O camión está preparado ademais para intervir en vías estreitas.
O tempo medio de resposta do parque en 2007 foi de 13 minutos
Os bombeiros ordenses efectuaron en 2007 un total de 113 intervencións, cun tempo medio de resposta -o que vai desde que reciben a chamada de emerxencia ata que chegan ao lugar dos feitos- de pouco máis de 13 minutos. As tarefas no incidente duran unha media de algo máis dunha hora. Todo o proceso, desde que reciben a chamada ata o retorno ao parque, cubrírono nunha media de 93 minutos. Así se desprende da memoria 2007 editada polo Consorcio Provincial.
O maior número de intervencións (24) foron excarceracións, seguidas de limpeza de estradas (21), incendios en vivendas ou locais (14), incendios en vehículos (13), incendios en naves (9), incendios en colectores de lixo (6), e fugas de auga e gas e transportes de auga a concellos (con 5 cada unha).
Por concellos, os servizos dos bombeiros foron máis demandados en Ordes, en 55 ocasións, seguido de Oroso (16), Cerceda (15), Mesía (8), Frades (7), Carral (6), Tordoia (3) e Trazo (3).
En total, os tres vehículos dos que dispoñía ata agora o parque comarcal efectuaron 145 saídas. A inmensa maioría corresponderon ao de primeira saída (102), mentres que o nodriza interviu en 30 ocasións e o pick-up en 13. Todos eles percorreron durante o ano un total de 11.826 quilómetros.

 






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!
Entorno Inmobiliario

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466