Sogama experimenta a produción de
enerxía con biogás de residuos orgánicos
Redacción-Cerceda
 |
| O proxecto ten unha
axuda do programa europeo Life-Medio Ambiente |
Sogama instalou no seu vertedoiro controlado
unha pila de combustible que xera enerxía a partir do biogás
procedente dos residuos orgánicos. Cunha potencia de 5 Kw,
o seu funcionamento probarase ata marzo de 2009 para avaliar o seu
rendemento. Previamente, xa fora posta a proba nun vertedoiro en Cataluña.
A enerxía producida destinarase ás propias instalacións
de Sogama en Cerceda. Ademais dunha eficiencia e un aforro enerxético
maiores que os motores de combustión, este sistema caracterízase
por unhas mínimas emisións contaminantes.
. |