Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   

Luz verde ao centro tecnolóxico, á liña de media tensión e á ampliación do Acevedo

Redacción-Cerceda
Encontro entre o ministro de Industria e o conselleiro de Traballo

Os proxectos do centro de desenvolvemento tecnolóxico no polígono do Acevedo, a liña eléctrica de media tensión soterrada entre Meirama e O Acevedo e a terceira fase de ampliación do parque industrial foron aprobados en pleno sen votos en contra. Todos eles están financiados no plan Miner.
En concreto, o centro tecnolóxico custará uns 2,4 millóns de euros, ubicarase a carón do Xardín Botánico e prevese que sexa unha realidade en 2010. Deberá prestar servizo en novas tecnoloxías ás empresas do entorno.
A ampliación do parque industrial valórase en catro millóns de euros. Por certo, a mesma sesión aprobou a adaptación da primeira fase e a primeira ampliación do polígono á lei do solo.
En canto á liña de media tensión, sairá a contratación por 1,4 millóns de euros. A preguntas do BNG, o alcalde confirmou que xa está asinado o convenio entre concello, Fenosa e Udesa e anunciou que as obras incluirán unha canalización para incluír nun futuro a fibra óptica, unha vez chegue desde a AP-9 ata a central térmica.
Confirmación do Miner
Por outra banda, o ministerio de Industria confirmou o investimento dos 92 millóns de euros que lle corresponden a Galicia, sobre todo ás Pontes e a Cerceda, no plan Miner para os próximos anos. Foi nun encontro entre o ministro Miguel Sebastián e o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela. Estiman que as iniciativas do Miner crearán xa en 2009 uns 560 empregos directos en Galicia.

 






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!
Entorno Inmobiliario

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466