A Deputación aproba o investimento dun
millón de euros na piscina climatizada
Redacción-Brión
A Deputación provincial autorizou
o investimento de arredor dun millón de euros para construír
unha piscina climatizada en Pedrouzos, seguindo a proposta aprobada
hai uns meses no pleno municipal. O proxecto será compartido
con Rois, xa que a entidade provincial só financia estes
equipamentos para máis de 10.000 habitantes. Os dous concellos
investirán medio millón de euros.
A piscina ubicarase nunha parcela de 5.300 metros cadrados a carón
do polideportivo, do colexio e do IES, preto da entrada á
autovía.
Na petición de finanzamento á Deputación, o
PP abstivérase. Unha postura “sen sentido” para
o alcalde, Xosé Luis García, que o grupo de Carlos
Tomé xustificou na falta de acordo por aquel entón
co dono dos terreos, dun escrito entre os dous concellos e dun estudo
de custos. Eso si, compartiron a necesidade da piscina.
Por outra parte, a Deputación tamén subvenciona con
20.000 euros a cubrición das gradas do campo de fútbol
municipal. O concello paga os 39.000 euros restantes.
|