Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   

Falta de prazas escolares en Agro do Muíño: “tómannos por parvos”

Redacción-Ames

Os proxenitores dos case cincuenta cativos de 3 e 6 anos que quedaron sen praza escolar no colexio Agro do Muíño (Bertamiráns, Ames) para o vindeiro curso emitiron un contundente comunicado no que aseguran sentirse vítimas dos “enganos, mentiras, desidia, insolidariedade e incomprensión” do Concello e, sobre todo, da Consellería de Educación.
Despois de varios meses dando a batalla para evitar ter que enviar aos seus fillos a colexios como o de Barouta (a dez quilómetros, e non a carón das súas casas), nos que reuniron máis de 4.200 sinaturas de apoio, chegan a cuestionarse “se realmente aparentamos tan parvos como se nos fai ver!”.
Á Consellería critícanlle que despreze o problema, logo de que por exemplo a xefa territorial de Educación lles dixese que levar os nenos a centros distantes “non era para tanto”.
Os afectados din que a Xunta se precipitou ao desbotar a instalación temporal de módulos prefabricados en Agro do Muíño, proposta do anterior goberno local de Carlos Fernández, cun informe técnico que poñen en dúbida por elaborarse medindo só o patio e non o terreo contiguo que ofrecía o Concello.
Busca dunha parcela
E ao actual goberno local de Santiago Amor aféanlle que non lles presentase a súa alternativa concreta á vez que lles dicía que “lles ía gustar”, din. Neste sentido, o Concello afirma que non fixo pública a súa proposta, rexeitada polos técnicos de Educación, para non xerar falsas expectativas. Reitera que está a disposición dos afectados “en todo momento” e suliña que é unha “situación herdada” dos mandatos anteriores que tratan de solucionar buscando parcela para un novo colexio
.






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!
Entorno Inmobiliario

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero NÜ 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466