| |
O AVE que nos ven
EXabier Iglesias. Concelleiro
de Cultura de Cambre e candidato á Alcaldía
polo BNG
Esta mañá estiven na Fraga,
na de Cecebre. Recoméndolles a visita. A quen a coñeza
porque sabe que ten sempre un andar gratificante, a quen non,
porque xa lle quedan poucas oportunidades,..., se non o remediamos.
¿Que nos pasa en Cambre? ¿É que temos
a sorte de costas? O estudio informativo sobre o trazado do
AVE (A Coruña-Betanzos) veu cubrir de nubarróns
un panorama que empezaba a clarear. Sí, se non o remediamos,
porque pouco vai quedar para preservar. Non sei quen, nen
onde, inventaron esta proposta pero desde logo non se esforzaron.
Ou sí?
Dicen que en 12 minutos, doce, chegarase da Coruña
a Betanzos. Non dicen, que nese intervalo, non dará
tempo a enteirarse de que no recorrido, "naquel tempo",
había un val, o do Rego de San Benito, había
un corredor fluvial recuperado, o do Río Mero, había
unha fraga (a Fraga), a de Cecebre, a de Wenceslao, a de Dygra
Films.
Pode, é certo e o apoio, que o AVE sexa unha reclamación
de todos. Que se retrasos, que se discriminación, que
se dilacións,..., pero, é que temos que tragar
con calquer modelo? Nunha mesa de debuxo dun consulting de
Madrid (digo o de Mad rid como símbolo, non dubido
da capacitación técnica), ou de calquer outro
sitio, encargáronlles un estudio e ...zas¡, a
liña recta como recurso. Que importa que nos carguemos
o patrimonio da paisaxe, o patrimonio ambiental,..., que importa
que, aínda hoxe, estemos a gastar varios millóns
de euros na rexeneración do Mero. Mañán
metémoslle un viaducto do AVE por riba e que se amolen
os parrulos.
Non semella moi coerente: hoxe recuperamos e mañá
destruimos. Total, somos os Deuses de Fomento. Nin tan siquer
temos que dar explicacións. E ademáis boa parte
dos cartos veñen de Europa e...nin se enteiran.
Os trenes de hoxe poden chegar a Betanzos (desde A Coruña
parada en Cambre incluida) en pouco máis de 20 minutos.
Iso de habelos, porqué non os hai. Non temos ferrocarril
de cercanías e están pensando en mandarnos á
Lúa en cohete. Aínda por riba cuns costes de
vergoña para o noso territorio.
E hai alternativas, sempre as hai desde Cambre cando se trata
do interés xeral. E sobre todo desde a opción
que represento, desde o BNG. E hainas ben sinxelas, ou ben
complexas pero non imposibeis. Xa esiste un corredor de transporte
entre A Coruña-Betanzos-Ferrol-Madrid. Usémolo.
Se ao final, a conexión do AVE se fai desde Uxes, poprqué
non utilizar a autoestrada A-6. Trataríase de aumentar
un pouco a afectación que xa esiste pero, por trazado,
por investimento e por rapidez, estou seguro que a comparativa
sería favorábel.
Traballemos nesa idea, aunemos esforzos e seguro que teremos
AVE. Pero tamén teremos paxaros na Fraga, disfrutaremos
dun recuperado Río Mero e iremos, aló polo 25
de xullo, á romaría de San Bieito pola ribeira
dun regato que aínda conserva as esencias do que foi
o meu concello non hai tantos anos. E que temos, todos e todas,
a obriga de preservar para o futuro.
|
|