El ANPA de Sada e Contornos esixe a súa
ampliación xa
Redacción- Sada
 |
| Marcha-mochilada el pasado 14 de outubro |
“Ampliación Xa!!” é
a esixencia da ANPA de Sada e os seus contornos no comunicado emitido
no que esixían ao alcalde Ernesto Anido que remate o expediente
expropiatorio para iniciar os traballos de ampliación do
centro.
Unha petición que foi reafirmada o pasado 14 de outubro trala
marcha-mochilada que levou a encher de mochilas a entrada do concello
para esixir, dunha vez, a ampliación do CEIP Sada e Contornos.
Unha ampliación que, aseguran dende a ANPA, será abordada
pola Xunta cando o concello ceda os terreos como sinalou o conselleiro
nunha recente reunión que mantivo na Coruña coas varias
ANPAS, entre a que se encontraban a do centro sadense.
Aseguran dende o colectivo de nais e pais que contan cun informe
pericial cualificado que rexeita radicalmente os “argumentos
obstrucionistas do goberno municipal de Sada para acadar os terreos
anexos ao colexio para executar a ampliación comprometida”.
Dende a ANPA esperan a resposta do alcalde para coñecer como
van resolver esta situación e mentras tanto, van celebrar
unha asamblea de pais e nais para explicar a situación da
ampliación así como a falta de resposta do alcalde
á petición dunha entrevista por parte da ANPA. Unha
entrevista que, explican, comprometeu o propio Ernesto Anido o mesmo
día da protesta pero que, polo momento, seguen á espera.
Explicarán, tamén, ao resto dos pais o informe pericial
co que contan e adiantarán que encargaron a un gabinete xurídico
outro informe que explore e avalíe os aspectos xurídicos
da cuestión, incluidas as responsabilidades que poidan esixirse
ao goberno actual, pola súa negativa a proceder á
expropiación dos terreos precisos para ampliar o centro.
Tamén, durante a asamblea, decidiránse novas medidas
de presión para acadar que o concello leve a cabo o proceso
expropiatorio e acabar así, aseguran, co “déficit
dotacional histórico” que veñen sufrindo os
escolares de Sada. Están convencidos que, dunha forma ou
outra, teñen que conseguir que o goberno local mude de postura
e, finalmente, acometa o que pais, alumnos e profesores están
esixindo.
Sen partida nos orzamentos
Dende o BNG reclaman tamén a inminente expropiación
e posterior ampliación do centro e lamentan que despois de
cen días o goberno siga “estudando” o tema.
Dende o BNG sinalan que o goberno está obrigado a expropiar,
e se o fai fora de prazo, prazo que rematou o 15 de outubro, terá
que pagar indemnizacións aos propietarios.
Os nacionalistas critican que, nos orzamentos autonómicos
de 2012 no se reservase partida orzamentaria ningunha para a ampliación
de Sada e Contornos. É por iso, que dende o BNG de SAda anunciaron
xa que presentarán no Parlamento Galego unha enmenda aos
presupostos , para que os orzamentos de 2012 da Xunta recollan finalmente
esa partida que serviría para dar solución, a un problema
que leva arrastrando Sada dende hai anos.
. |