O Plan Director reduce a pegada sonora en
Oleiros
Redacción- Oleiros
Segundo explicou o goberno local o pasado
20 de abril, o informe de impacto ambiental do futuro Plan Director
de Alvedro recolleu as alegacións presentadas polo concello,
e vai reducir a pegada sonora en Oleiros.
Un documento no que se recolle a redución dos efectos sonoros
sobre o contorno urbano do aeroporto e que fai referencia ao funcionamento
da instalación e á limitación do horario diurno,
podendo, segundo o concello, chegar a anular a afectación.
O documento propón, ademais, recoller a pegada acústica
de 2006 que reduciría o ámbito aos límites
da ría do Burgo, na parroquia de Liáns.
|