O pleno de Oleiros saca adiante as contas
de 2010
Redacción. Oleiros
O pasado 7 de outubro, en sesión convocada
con urxencia, o pleno municipal aprobaba as contas de 2010 a fin de
remitir o documento ao Consello de Contas da Xunta e evitar posibles
retencións de subvencións, tal e como anunciou o presidente
Feijóo para os concellos que non cumpran con este trámite.
Socialistas, nacionalistas abstivéronse e o PP votou en contra.
Dende o BNG critican a tardanza na presentación destas contas
que foron presentadas “in extremis” para cumplir co prazo
para presentalas no Tribunal de Contas ao tempo que critican que se
deixasen de executar máis de 7,5 millóns de euros. Un
feito que se produxo, según os nacionalistas, pola alta estimación
de ingresos que se fixo e que non se cumpriron. Ademais o BNG destaca
os 4,7 millóns de euros que acumula de débeda o concello.
Para os nacionalistas os orzamentos de 2010 foron demasiado optimistas,
de escaparate, que afectaron ás inversións e servizos
porque, no gasto corrente, aseguran, non se aforrou nada.
Para o BNG esta situación evidencia a mala xestión do
goberno de Alternativa e lamentan que, ademais de non aforrar, non
se tomase ningunha medida para incrementar os recursos propios máis
aló de subir as taxas aos veciños.
.
|