Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   

Reaccións en contra do plan de sectorización de vivendas da Consellería

Redacción- Comarca
Asociacións de veciños de Cambre reuníronse para falar do tema

Reaccións negativas ante o plan de sectorización proposto pola Consellería de Vivenda da nacionalista Teresa Táboas en concellos como Arteixo, Oleiros, Culleredo e Cambre onde, os seus respectivos gobernos piden que a consellería teña en conta á administración local á hora de planificar o seu crecemento. Na visita que o presidente dos populares galegos fixo a Arteixo, Núñez Feijoó tamén criticaba o plan de Táboas e pediu á Xunta que estude o plan plantexado para ese concello e o redefina para evitar conflictos cos veciños.
De “guetos” calificaban desde Arteixo e Oleiros os novos barrios que pretende construir Vivenda e os seus respectivos gobernos opoñíanse ás directrices da Xunta. Xunto a eles, os veciños, os afectados que en Arteixo xa se constituiron en plataforma para mostrar o seu rexeitamento ao plan da Consellería de Vivenda. Veciños e goberno piden, en Arteixo, que se retire o plan e xa preparan as pertinentes alegacións, non descartando incluso movilizacións a pesar de que Vivenda comprometeuse con non facer expropiacións.
Dende o goberno arteixán están dacordo coa construcción de vivendas de protección, pero non nos termos plantexados por Vivenda.
En Oleiros, o goberno aboga porque se respete o plan urbanístico en vigor “que marca onde e como poder realizarse edificacións no municipio” sinalou o alcalde, quen tamén recorda que o seu goberno aplaude as políticas de vivenda de protección “porque levamos moitos anos facendo realidade esa política”.
Dende o BNG local defensa “da primeira política seria de promoción de acceso a unha vivenda digna para todas as persoas”.

Matizacións en Culleredo
A búsqueda de consenso é tamén a prioridade en Culleredo, onde o seu alcalde Julio Sacristán xa mantivo unha reunión con representantes da Consellería de Vivenda. Haberá máis. Sacristán insiste en que a vivenda pública é necesaria xa que no concello “hai unhas 2.000 solicitudes” para este tipo de vivenda. Sin embargo considera que, ademáis das vivendas previstas para O Burgo e en Xafontes, Vilaboa, Culleredo debe loitar por un terceiro sector que podería albergar unhas 1.100 vivendas máis.
Sacristán insiste na necesidade de chegar a un consenso entre ambas administracións para “evitar máis problemas dos que realmente se pretenden resolver” e cre que non será ata 2010 cando comence a executarse o plan.

Barcala e O Temple afectados
De “aberración urbanística” define o PP de Cambre o plan de Vivenda que prevé preto de 2000 vivendas para O Temple e A Barcala, polo que esixe a súa retirada. Un plan que segundo Cubeiro perxudicará aos veciños, cuns precios de expropiación do máis baixos. Para falar do tema, o PP fará un acto público o próximo 28 de novembro, no Bosque ás 20 h.
Dende o concello, o teniente alcalde Javier Varela Tejedor considera que o plan é necesario, sen embargo, insiste, é preciso buscar un consenso entre ambas administracións. O concello estuda xa o plan para presentar propostas ou alegacións.
EU-IU pide a convocatoria da Comisión Especial para o PXOM, para analizar polo miúdo o plan ao tempo que sosteñen que o plan debe ir acompañado dun plan de mobilidade sustentable.
Non só os políticos se están a mobilizar en Cambre, a Asociación de Veciños Fontenla- Lamiño reuníase con representantes das dezaséis asociacións de veciños de Cambre, co fin de tratar o tema. Alí, en Fontenla, preocupación entre os afectados que non recibiron de moi bo grado o anuncio do plan.

Apoio dos nacionalistas
Pola súa parte, o BNG respalda en tódolos concellos o plan de Táboas. En Cambre, o seu portavoz Xabier Iglesias considera que esta iniciativa aportará novas zonas verdes e equipamentos ao tempo que xenerará actividade económica e novos postos de traballo. Segundo Iglesias, as bolsas de solo apostan pola integración social e facilitar o crecemento ordenado do concello.
En Abegondo o BNGs aplaude a iniciativa que achegará ao concello 115 vivendas de protección en San Marcos, novas zonas verdes e equipamentos, unha medida necesaria para evitar o éxodo da xuventude do concello, segundo o portavoz nacionalista Víctor Meizoso.
Tamén o goberno de Sada da a benvida a un plan que achega 43 vivendas públicas na rúa Párroco Villanueva e Igrexa, con zonas verdes e dotacionais.






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!
Entorno Inmobiliario

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466