|
|
O cambio de cara do río Brexa
Redacción- Carral
 |
| Imaxen actual do Brexa |
Quen pase pola N-550 empezando a subir a Costa
da Lonxa visualizará, á súa dereita, un cambio
significativo na paisaxe debido ás obras de recuperación
da marxe do río Brexa que se desenvolven dende hai semanas.
Unha recuperación que tal e como explica o alcalde de Carral
José Luis Fernández Mouriño está a piques
de rematar. Segundo os prazos previstos neste mes de novembro, ou
comenzos de decembro, as obras estarán rematadas á falta
de sembrar a herba, que se fará cando o tempo o permita.
A piques de rematar está o aparcamento con capacidade para
unha ducia de coches e os accesos á nova área recreativa
da Brexa, rematados os traballos de desbroce e drenaxe das fincas,
están a punto de ser colocados os puntos de luz, a pasarela
sobre o río e o mobiliario que, segundo o primeiro edil Fernández
Mouriño, os veciños de Carral e alrededores poderán
disfrutar a tope chegada a primaveira.
Na zona, tal e como recorda Fernández Mouriño tamén
se ubicará un parque biosaudable onde, os maiores, e non tan
maiores, poderán facer exercicio ao aire libre e disfrutar
do entorno. |
|
|
|
|