Carral e Cacheiras unidos polos mártires
Redacción-Carral
 |
| O ano pasado, durante
a visita dos de Cacheiras a Carral |
O vindeiro 8 de maio Carral acollerá,
un ano máis, aos alumnos da ESO de Cacheiras que acuden ao
concello a rememorar o acontecemento histórico do levantamento
de Solís que acabou vinculando Carral con Teo, e que rematou
co fusilamento dos Mártires de Carral, en abril de 1846.
Un día antes, serán os alumnos de 3† da ESO do Vicente
Otero Valcárcel os que acudan a Cacheiras para recordar a
batalla que alí libraron os mártires de Carral, antes
de ser fusilados en Carral.
É este o acontecemento que acobou unindo aos colexios de
Carral e Cacheiras despois de que, hai xa once anos, un profesor
de filosofía de Cacheiras se puxese en contacto co colexio
de Carral para levar a cabo este irmanamento, tal e como nos explica
Anxo Gómez, xefe de estudos e profesor de lingua galega do
Otero Valcárcel.
Aprender historia dunha forma
diferente
Anxo Gómez sinala que “é unha actividade bastante
positiva. É interesante porque é levar ás aulas
a realidade, normalmente en materias como literatura e historia,
cando falas de séculos pasados, quédalles todo moi
lonxe. Así rememoran feitos históricos nos lugares
donde pasaron e tamén é interesante, dende o punto
de vista actual, para ver como cambiaron os lugares. En Carral xa
non queda nada da Fraga do Rei, donde os mataron, nin a capela onde
se fixo o xuizo, aínda que hai elementos como as tumbas ou
o cruceiro que se manteñen. E é interesante porque,
sorprendentemente, nin os rapaces coñecen a ruta dos mártires.
E outro tema interesante, é o de coñecerse rapaces
de distintos concellos. Os hai que levan comunicándose despois
de dez anos”.
O próximo 8 de maio, os alumnos de 3† da ESO de Carral terán
a oportunidade, xunto cos alumnos de Cacheiras, de recordar aquel
episodio histórico e percorrer a ruta dos Mártires,
visitar as tumbas dos fusilados e facer a ofrenda no Panteón.
.
|