Unha asociación empeñada en darlle
vida á Barcala
Redacción-Cambre
 |
| A directiva da entidade
veciñal no seu local |
Coa ilusión posta en convertir a urbanización
na que viven nun lugar máis acolledor e cunha mellor calidade
de vida xurdía, hai uns meses, a Asociación de Veciños
de A Barcala AV@B para defender os intereses dos residentes e demandar
solucións para os problemas que aquí hai. De todo
iso falaron con El Entorno Metropolitano.
Coincido con eles, porque formamos parte desta urbanización,
de que estamos nun lugar ao que lle falta vida, “non é
unha urbanización vivida, vese triste”, sinalan. E
iso é o que queren cambiar, queren encher de vida este lugar,
animar as rúas e converter esta zona nun lugar atractivo
tanto para os veciños como para os foráneos o que,
sen dúbida, axudará tamén a potenciar o comercio
local e a que os veciños se comuniquen. Saben que se pode
facer e que non fai falla unha gran inversión, por iso, argallan
ideas que, coa colaboración das diferentes administracións,
queren levar a cabo.
Para facerse socio, só hai que poñerse en contacto
coa asociación no 686 655 451, a través do mail asociacionvecinosbarcala@gmail.com,
no facebook AV@B-Asociación de Veciñ@s de A Barcala
ou no local social sito na rúa Río Barcés 3-5
baixo, na urbanización de A Barcala. Traballan, ademais,
na elaboración da súa propia páxina web.
Troco de disfraces
Precisamente para potenciar a relación veciñal, van
poñer en marcha unha campaña de intercambio ou troco
de disfraces e de xoguetes. Desta forma, sen gastar cartos, todos
os veciños poderán disfrazarse este entroido.
Para participar neste troco, so teñen que facerse socios
da AV@B, entregar no local social os disfraces antes do 10 de febreiro,
e despois, participar no mercado de troco que terá lugar
a mediados de febreiro. Desta forma, os socios a cambio de entregar
os disfraces que xa usaron poderán facerse con outros novos
para este ano.
Na mesma liña será o intercambio de xoguetes que a
asociación pretende levar a cabo máis adiante.
Dúas actividades que, ademais do aforro en disfraces e xoguetes,
servirá para poñer en contacto aos veciños
da Barcala e ir creando, pouco a pouco, uns vínculos que
á larga conseguirán dar vida a esta urbanización
e a todo o núcleo poboacional.
Ocio alternativo
para a xuventude
Xunto a este obxectivo, queren tamén desenvolver alternativas
atractivas para a xuventude e rematar así, cun dos principais
problemas que hai en relación ás pintadas e ao vandalismo.
Do que se trata, sinalan, é de sacar aos rapaces das rúas.
¿Como? eles piden un local para a xuventude con videoxogos,
obradoiros e actividades varias. Se ben creen que o incremento de
vixiancia policial podría minimizar a problemática
sosteñen que, antes cunha represión policial, hai
que apostar por ofrecer alternativas de ocio.
Pero A Barcala ten máis problemas. Falta de colectores de
lixo e de limpeza, a necesidade dunha farmacia que reclaman dende
hai anos, faltan caixeiros e entidades bancarias, acabar de solucionar
os problemas dos vaos dos garaxes ou a falta de aparcamento son
algunhas das deficiencias desta zona. Non olvidan, tampouco, eses
bancos reciclados que lles intentaron colocar nas súas prazas.
Por iso, apuntan, esperan que agora nos proxectos que se desenvolvan
na Barcala se teña en conta a opinión dos veciños.
“Solidaridad por la vida”
Inmersos na campaña “Solidaridad por la vida”
está esta asociación que, dende os seus comenzos,
recolle tapóns de plástico para axudar a dúas
nenas con graves problemas de saúde.
Os que queiran participar, só teñen que entregar os
tapóns no local social da asociación.
Directiva:
Presidente: Ricardo Araújo
Vicepresidente: José Francisco Mouriz
Secretario: Pablo Bouzas
Tesorero: Óscar Vieites
Vocales: Jerónimo Lodeiro.
|