Seixas esixe inversións para o núcleo
de O Rañal
Redacción- Arteixo
Máis de 1.600 sinaturas avalan a petición
dos nacionalistas de inversións para o núcleo de O
Rañal. A voceira do BNG Silvia Seixas asegura que os problemas
do núcleo acrecéntase durante os días de verán
con afluencia ás prais, o que provoca retencións na
zona e problemas de seguridade viaria. Segundo a voceira nacionalista,
urxe a construción de aceras na zona, iluminación
, sinalización horizontal e vertical e mellora do paseo pero
tamén a limpeza do aparcamento da praia de Alba, entre outras.
Precisamente alude á falta de inversión nas zonas
de praia, a causa dos problemas de seguridade viaria que hai nas
proximidades da praia de Alba e na area de Salsa.
Seixas acusou a alcaldesa da falta de vontade do goberno local para
solventar os problemas que afectan aos veciños “vostede
e o seu goberno, desgobernan e só se preocupan de andar de
festa en festa mais non de gobernar é solucionar problemas,
facer inversións...”.
|