Vázquez Abad estrenou o novo colexio
Redacción.
Arteixo
 |
| O Conselleiro visitou o centro
este verán xunto a alcaldesa de Arteixo |
Na ronda de visitas que está levando a
cabo o conselleiro de Educación Xesús Vázquez
Abad polos colexios e institutos galegos, o máximo responsable
de Educación da Xunta achegouse a Arteixo o pasado 23 de xullo
para visitar o novo CEIP de Arteixo que, o próximo curso, acollerá
a case 675 rapaces de infantil e primaria.
Coa inversión da Xunta de máis de 4,5 millóns
de euros, permitirasr a reorganización da escolarización
do concello, tal e como apuntou Vázquez Abad, desconxestionando
o Ponte dos Brozos.
Centro con plena ocupación
De accidentada, calificaban a visita dende o goberno local despois
de varios cambios de horario, que sin embargo permitiron á
alcaldesa coñecer o centro que liberará espacio no
Ponte dos Brozos. Un centro que, aseguran dende o goberno local,
atópase moi deteriorado e para o que xa solicitaron arranxos
inmediatos.
Ademais, dende o goberno local aseguran que pronto precisará
Arteixo un novo centro escolar, tendo en conta que o novo colexio
nace xa con todas as prazas cubertas.
Onde están as chaves...
E se controvertida foi a visita, seguen os problemas entre Xunta
e goberno local.
O 19 de agosto, o concello reiteraba á Xunta a petición
das chaves do novo CEIP de Arteixo para poder facerse cargo das
labores de mantemento do centro, sen que ate o momento recibiran
contestación algunha. Dende Arteixo aseguran que urxe a contratación
dos traballos de mantemento do novo centro ante o inminente comenzo
das clases.
Rifi rafe entre Xunta e goberno
local pola reubicación dos alumnos de Pastoriza
Cruce de manifestacións e desencontros entre a Xefatura Territorial
de Educación e o goberno local, nesta ocasión, pola
reubicación dos alumnos da escola unitaria de Barrionovo.
A Xunta autorizaba a reubicación proposta polo concello o
17 de agosto, entre as queixas da alcaldesa Pilar Souto pola demora
da decisión. É neste punto, no que se atopan as discrepancias.
A Xunta aseguran que recibiron o informe técnico e a proposta
alternativa do concello o 2 de agosto, e o executivo local di que
o enviou en xullo.
Así as cousas, as obras de construción dos módulos
que se ubicarán nunha parcela próxima ao IES de Pastoriza
fanse a bo ritmo para poder comenzar o curso escolar. Durante as
obras de ampliación da escola infantil de Barrinovo, financiadas
con fondos FEES, os 39 alumnos reubicaranse nuns módulos
prefabricados especialmente diseñados para impartir as clases.
Dende a Xunta recordan que, as familias que poden optar por escolarizar
aos seus fillos temporalmente no Ponte dos Brozos.
|