Os veciños de Paderne
disfrutaron do seu día de festa
Redacción- Paderne
 |
| Os máis cativos disfrutaron dunha
festa da espuma |
Baixo un sol de xustiza, celebrou Paderne o seu
Día da Familia o pasado 28 de agosto, na que é xa a
sexta edición dunha festa de confraternidade que reúne
nunha comida a un gran número de veciños no campo do
Telleiro.
Unha festa con actividades para todos, que arrancou coas palabras
do alcalde César Longo antes da degustación de caza
da que disfrutaron os presentes. Trala comida, partidas de cartas,
parchís, dominó pero tamén xogos tradicionais
como a rá, a petanca, bolos ou chave. Uns xogos que se convertían
en todo unha actividade interxeracional, na que os máis maiores
ensinaron aos cativos as tácticas deste xogos.
Unha festa na que non faltou a festa da espuma coa que disfrutaron
os máis cativos. A festa remataba, a eso da medianoite, cun
tradicional baile con música para todos os gustos. |