Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   

Paderne contrata as obras do Plan de Obras e Servizos por máis de 147.000 euros

Redacción- Paderne

A O goberno local que dirixe César Longo, ven de contratar as obras incluídas no Plan de Obras e Servizos da Deputación. Os traballos, céntranse sobre todo no arranxo e pavimentación de viais así como na instalación de pluviais en varias zonas da parroquia de Souto.
Entre os camiños a arranxar están o acceso á urbanización de Montecelo, de Montecelo Camiño Pichón, Fonte-Trasmil, Pazo-Barreiro, acceso a Barreiro, Barreiro-Porto, Porto de Abaixo, Porto-Trasmil, Trasmil a Camiño Barreiro, Pazo-Cruz, Cruz a Tercio, acceso e núcleo de Tercio, Tercio-Adro, acceso a Os Carballos e o núcleo de Condós. Unhas actuacións cuxo importe ascende a 58.366,30 euros.

Actuacións en Souto
Tamén na parroquia de Souto vanse levar a cabo varias actuacións de mellora de camiños e traballo para a instalación de pluviais por importe de 89.377,22 euros. Os traballos consisten na mellora de Souto a Chantada, camiño da Igrexa de Souto a Gas, da Fonte de Gas á N-VI en Souto, de Souto ao límite do concello, camiño As Carbelas, camiño A Rúa, acceso a Vilademeus, camiño a escola de Souto, saneamento Camiño de Gas e o núcleo de Gas.

Arrancan as obras do FEES
Todo listo en Paderne, para que arranquen as obras do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local 2010, co que o goberno de Zapatero achega a Paderne un total de 294.296 euros.
A través deste fondo, vanse levar a cabo, as obras de captación e depósito regulador en Pedregoso na parroquia de Adragonte, e a captación e depósito regulador en Sumeiro así como a mellora do alcantirallado en Gas.
Con estas obras, tal e como apuntan dende o goberno de César Longo, os depósitos da traída municipal aumentan o caudal actual, o que redundará positivamente nun mellor funcionamento do servizo nas parroquias de Obre e Paderne.

Máis de 300.000 euros á mellora de servizos
A través do Plan de Cooperación cos concellos da Deputación Provincial de A Coruña, o concello de Paderne recibiu unha achega de 301.325,99 euros que destinará, íntegramente, á mellora dos servizos aos veciños.
Concretamente, as obras que están a piques de comenzar, suporá a dotación de saneamento en Paderne de Abaixo e Amboades así como a instalación da depuradora de Montecelo.
Con esta actuación, o goberno que dirixe César Longo, segue no camiño de completar os obxectivos marcados polo seu equipo de goberno para completar as necesidades de servizos que hai nas diferentes parroquias mellorando a calidade de vida dos seus veciños..






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!
Entorno Inmobiliario

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466