|
|
Éxito do novembro musical en Oza
Redacción- Oza dos Ríos
 |
| Imaxe da actuación de Miki Nervio
& The Bluesmakers |
Os Departamentos de Cultura e Turismo, xunto
coa OMIX do Concello de Oza lograron un gran éxito coa organización
do programa “Novembro Musical”, incluido dentro dos Circuitos
Culturais da Deputación da Coruña.
Así o pasado 7 de novembro actuaban no municipio Miki Nervio
& The Bluesmakers, o mellor grupo de blues de toda Galicia.
Ao concerto acudiu preto de medio centenar de persoas, a quen dende
o Concello queren agradecer a súa participación, así
como aos propios integrantes do grupo.
O ano que vén esperan poder contar de novo cunha actuación
deste grupo que non dudou en dalo todo no concerto pasado.
|
|
|
|
|