Deputación mellora o polideportivo de
Irixoa
Redacción- Irixoa
 |
| Deibe e Moreda asinando
o convenio |
O alcalde de Irixoa, Antonio Deibe, e o presidente
da Deputación, Salvador Fernández Moreda, asinaron un
convenio polo que o ente provincial aporta unha axuda de 60.000 euros
para o amaño do pavimento do polideportivo municipal de Irixoa.
O orzamento das obras a executar, segundo o proxecto encargado polo
Concello, ascende a algo máis de 82.000 euros, dos que a Deputación
aporta o 73%, sendo os traballos adxudicados polo Concello.O primeiro
edil de Irixoa, Antonio Deibe, agradeceu a colaboración da
Deputación ao incluir este acordo nos programas que o organismo
ten para dotar aos municipios de mellores instalacións deportivas.
|