Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   


A plataforma de veciños afectados apraza novas protestas contra Adif ata finais de abril

Redacción-Curtis

Concentración de protesta á altura do antiguo paso de Curtis a Bodeus
Tres semanas duraron, polo de agora, os actos de protesta da plataforma de afectados polo Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif) constituida a finais de xaneiro. Despois de varias concentracións, lecturas dun manifesto, recollida de sinaturas ou colocación de carteis a carón da vía férrea, decidiron abrir unha “tregua” ata finais de abril.
Aseguran que así pretenden amosarlle ao ente xestor das vías ferroviarias e, por extensión, ao ministerio de Fomento, que a súa vontade é a de atopar unha “solución construtiva”. “Agora tócalles a eles falar”, indican.
O que agardan dos responsables da liña ferroviaria é que habiliten pasos alternativos aos pasos a nivel pechados hai máis de medio ano “con nouturnidade e alevosía”, segundo comentan na plataforma.
As súas reivindicacións téñenas repetido ata a saciedade durante todo este tempo: un paso soterrado na Pena (Fisteus) para o que os propietarios xa cederan terreos de balde, outro en Paio Rodríguez (Lourdes), unha pasarela peonil entre Bodeus e o núcleo de Curtis, a pavimentación adecuada das vías de servizo anexas, e un camiño de servizo para unha finca que quedou sen acceso ao construír o paso elevado nas Rabuñas.
A plataforma, que reuniu varias deceas de veciños nas súas concentracións, indica que Adif se comprometera no seu día a acometer estas actuacións e non descarta reclamalas máis adiante pola “vía legal”.

Apoio político
As peticións veciñais recibiron o apoio de todos os grupos políticos do concello, que aprobaron por unanimidade unha moción do goberno que recollía e respaldaba as súas demandas, conducentes a evitar os rodeos que a cotío se ven obrigados a dar.
A plataforma tamén recibiu a visita dos parlamentarios do PP Carlos Negreira e Belén do Campo. Emprazaron a Fomento a cumprir a súa palabra para facilitar a vida diaria dos veciños e evitar a falta de seguridade que, segundo o PP, orixina a situación creada.






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
   Busca tu calle
Entorno Inmobiliario
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero N¼ 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466