Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   


A Deputación mellorará tres estradas de Cesuras e de Curtis

Redacción- Betanzos


A Deputación da Coruña adxudicou xa as obras de mellora da seguridade viaria de tres estradas nos municipios de Cesuras e de Curtis. Actuacións nas que en conxunto inviste 388.280 euros.
En Cesuras, o goberno provincial destina case 104.000 euros para unha senda peonil na estrada DP 2601. O proxecto permite ampliar a calzada que vai desde a casa consistorial ata a estrada DP 0104, a chamada estrada do Paraxón. A senda para viandantes sitúase na marxe esquerda. Ademais de repoñer unha drenaxe transversal, os traballos inclúen un balizamento nas curvas para separar a senda peonil da estrada.

Obras en Curtis
En Curtis, a Deputación gastará uns 217.000 euros na renovación das beirarrúas e a iluminación da rúa Emilio Martínez Sánchez do núcleo de Curtis, que forma parte da DP 3201. Ademais de renovar a beirarrúa actual, construirase unha nova nun treito de 65 metros onde ata agora non había. Coa nova iluminación, instálase unha nova rede eléctrica. Tamén se renovan os sumidoiros e repóñense os servizos afectados.
A outra actuación que levará a cabo a Deputación en Curtis é unha senda peonil de 700 metros na estrada DP 3204 (Curtis-Lavacolla). Custará 67.000 euros, terá unha anchura mínima de 2,10 metros e estará totalmente balizada, tal e como explican dende o ente provicincial.






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!
Entorno Inmobiliario

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466