|
|
Unha nova ordenanza regula a corta e a extracción
de madeira
Redacción-Cesuras
 |
| Plantación
forestal en Cesuras |
Cesuras ten xa en vigor unha ordenanza que regula
a corta e a extracción de madeira. Con ela, intenta que a actividade
forestal non estrague camiños e pistas e garanta a seguridade
vial.
A norma obriga aos madeireiros a comunicarlle por escrito ao concello
as cortas de máis de seis toneladas de madeira, polo menos
con tres días de antelación. A comunicación debe
incluír información detallada dos traballos previstos.
Limpeza de pistas diaria
Polo demais, require limpar e retirar os residuos da corta ao final
de cada xornada, para manter as pistas e espazos públicos sempre
no estado previo ás tarefas. Ademais, pide sinalizar os viais
afectados e as pistas non se poden utilizar como depósito irregular
de madeira, é dicir, por máis de trinta días.
Tamén deben acondicionar as zonas en que abran rampas de acceso,
para evitar que coa chuvia deriven en danos nos camiños. E
prohíbense movementos de terra.
Sancións ata 3.000 euros
A ordenanza fixa ao madeireiro como responsable dos danos que poida
producir a corta, depósito e transporte de madeira. Por certo,
de non ter seguro de responsabilidade civil terá que depositar
fianza previa. Determina unha serie de infraccións. As leves
pénanse con ata 300 euros, as graves ata 1.500 e as moi graves
ata 3.000 euros. |
|
|
|
|