Portada
   
Entorno Coruña
   Comarca
   Culleredo
   Cambre
   Oleiros
   Sada
   Carral
   Abegondo
   Bergondo
   Arteixo
   Deportes
   
Entorno Compostela
   Comarca
   Ames
   Teo
   Brión
   Padrón
   Ordes
   Oroso
   Cerceda
   Tordoia
   Trazo
   Frades
   Mesía
   Deportes
   
Entorno Betanzos
   Comarca
   Betanzos
   Paderne
   Miño
   Curtis - Teixeiro
   Cesuras
   Oza dos Ríos
   Coirós
   Vilarmaior
   Irixoa
   Aranga
   Vilasantar
   Deportes
   
   
   Colaboraciones
   Mapa Web
   
   


Denuncia contra o alcalde de Aranga e un promotor por suposto delicto urbanístico

Redacción-Aranga
A fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) denunciou ao alcalde de Aranga, Manuel Brañas, e a dous responsables da empresa “Promotora de Viviendas Urbanas”, propiedade de José Collazo, por supostos delictos relacionados coa recalificación de terreos para construír un polígono industrial e centos de vivendas.
O fiscal apela a artigos do Código Penal relativos á violación de segredos, infidelidade na custodia de documentos, uso de información privilexiada achegada por funcionario público ou autoridade, e alteración de prezos no libre mercado.
A denuncia, presentada no Xulgado de Betanzos tras meses de investigacións, indica que rexedor e promotora asinaron dous convenios que calificaban terreo do Monte Santiso como solo industrial e urbano, pese a que a Xunta lle comunicara ao concello en outubro de 2005 que debía mantelo como rústico. As parcelas sufriran incendios no verán e nese caso a lei prohíbe recalificar.
Engade a fiscalía que, ata que se coñeceron os convenios en xaneiro pasado, a empresa, mediante outra sociedade, mercou terreos “a un prezo muy inferior” ao resultante da recalificación. Este é un dos motivos da indignación veciñal recente.
A fiscalía descoñece se na sinatura dos convenios mediou ou non “algún tipo de ventaja o retribución”. Matiza que a investigación, que pide que remate o xulgado, non prexulga o resultado final das dilixencias, polo que evidentemente se mantén a presunción de inocencia que ampara a todo cidadán.
O PP DI SER O PRIMEIRO INTERESADO EN QUE SE ACLARE TODO
No PP de Aranga din ter “plena confianza” na xustiza e que son “los primeros interesados en que se aclare la situación porque el alcalde es el más perjudicado”.
Ademais, indica que “no son los fiscales los que determinan la culpabilidad de nadie, sino que esta función corresponde exclusivamente a los jueces”. O PP afirma que a miúdo as denuncias de fiscais son arquivadas. E agarda que o proceso poña “luz y taquígrafos” nun asunto no que acusan a PSOE e BNG de buscar “rentabilidad política”.






  Publicidad


MUY CONFIDENCIAL!!
Entorno Inmobiliario

Periodico
Encuestas!!
   Página del lector
   Envíanos tu foto
   Foto denuncia

Periodico
ANUNCIATE!!
   Mapa de cobertura
   Añada a favoritos
   Quienes somos
   Aviso legal

Publicidad
Banner Publicitario

Periodico
Portada en PDF
Coruña
Compostela
Betanzos

 
Servicios
   Farmacia
   Taxi
   Televisión
   Teléfonos de interés
   Autobuses de línea
   Loterías y quinielas
   La bolsa
   El tiempo
   Horóscopo
 
Links
   Galicia en el exterior
   Webs recomendadas
 

Al amparo del art.32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual queda totalmente prohibida la reproducción total o parcial de artículos, fotografías y anuncios de esta publicación sin autorizacion escrita del editor. La reproducción no autorizada está penada por ley. copyright El entorno Metropolitano.

C/Urb. La Barcala Río Mero Nº 2 A Barcala C.P. 15660 - CAMBRE Tfno: 981 654545
Delegación Compostela: Avda. Alfonso Senra 106 2B C.P 15680 - ORDES Tfno: 981 688466