Oroso

Homenaxe a un xenio da veterinaria

O autor orosán Diego Conde Gómez vén de presentar o seu traballo sobre un auténtico revolucionario da veterinaria galega: Juan Rof Codina. Conde elaborou un traballo sobre a innovadora labor de Rof Codina, que transformou as bases da veterinaria, co que acaba de gañar o Premio Jesús García Calvo —que convocan o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC e a Fundación Feiraco para recoñecer investigacións que contribúan ao coñecemento e desenvolvemento do medio rural en Galicia—.

Tags: 

Campamento e concursos para celebrar o entroido orosán

O executivo local promove diversas actividades para celebrar o entroido no municipio de Oroso. O seu Concurso de Disfraces repartirá 3.170 euros en premios o sábado 6 de febreiro, haberá tamén Concurso de Máscaras e ata un campamento de entroido para axudar ás familias a conciliar a vida laboral durante os días de vacacións dos rapaces.

O campamento custa 12 euros.O prazo para inscribirse no Concurso de Disfraces remata o 5 de febreiro, mentres que para o certame de máscaras entregaranse os exemplares antes do 2 de febreiro no centro cultural. 

Tags: 

O pleno aproba a modificación do PXOM sobre o enlace sur da AP-9

A corporación de Oroso aprobou inicialmente a modificación número 5 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, relativa ao enlace sur da autopista AP-9.

O pleno resolveu as alegacións presentadas durante o novo período de exposición pública que se abriu despois de que a Xunta reclamase en xullo que se compensase a zona verde que se perdía no polígono industrial con motivo da construción do enlace sur da autopista en Sigüeiro. A proposta do Concello foi aprobada cos oito votos a favor de PSOE e BNG e obtivo cinco votos en contra do PP e Anova.

Tags: 

Páginas