Lourenzá

A alcaldesa quere un enlace en Arroxo coa Nacional

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, cre necesario construír unha rotonda ou un enlace en T en Arroxo, para unir a estrada da Deputación 2802 —que vai dende San Xorxe ata Arroxo— coa Nacional 634. Este enlace “faríase nuns terreos que a día de hoxe parte deles xa están expropiados polo Ministerio de Fomento”, explicou.

Tags: 

O éxito dunha espectacular carreira a través do monte

O pasado domingo 3 de maio o Clube de Atletismo Lourenzá xunto coa comisión de festas de A San Lucas organizaron a TOXIZA CLASSIC XTREME; unha espectacular carreira de montaña que conseguiu reunir a 63 atletas, procedentes de localidades moi diversas, na praza da catedral de Mondoñedo dispostos a percorrer os montes máis emblemáticos da zona ( A Toxiza, A Pena da roca e a reserva natural de A Fragavella).

Tags: